Configuración remota
Seleccione
>
Axustes > Xestor dispositivos.
O xestor de dispositivos permítelle xestionar de xeito remoto
os axustes, datos e software do seu dispositivo.
Pode conectarse a un servidor e recibir os axustes de
configuración para o seu dispositivo. É posible que reciba
perfís de servidor e distintos axustes de configuración dos
seus fornecedores de servizo ou do departamento de xestión
de información da empresa. Os axustes de configuración
poden incluír axustes de conexión e doutro tipo empregados
por distintas aplicacións do seu dispositivo. As opcións
dispoñibles poden variar.
Normalmente, o servidor comeza a conexión de
configuración remota cando os axustes do dispositivo
precisan ser actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor, seleccione Opcións >
Perfís servidor > Opcións > Novo perfil de servidor.
É posible que reciba estes axustes nunha mensaxe de
configuración enviada polo seu fornecedor de servizos. En
caso contrario, defina o seguinte:
● Nome do servidor — Introduza un nome para o servidor
de configuración.
● ID de servidor — Introduza o ID único para identificar o
servidor de configuración.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
75
Xestión de datos
● Contrasinal de servidor — Introduza un contrasinal para
identificar o seu dispositivo no servidor.
● Punto de acceso — Seleccione o punto de acceso
utilizado para a conexión ou cree un punto de acceso novo.
Se o desexa, pode facer que se lle pregunte polo punto de
acceso cada vez que inicie unha conexión. Este axuste só
está dispoñible se ten seleccionado Internet como tipo de
portador.
● Enderezo de host — Introduza o enderezo web do
servidor de configuración.
● Porto — Introduza o número de porto do servidor.
● Nome de usuario e Contrasinal — Introduza o seu ID de
usuario e contrasinal para o servidor de configuración.
● Permitir configuración — Seleccione Si para permitir
que o servidor inicie a sesión de configuración.
● Aceptar autom. todas — Seleccione Si se non desexa que
o servidor lle solicite confirmación cando inicie unha
sesión de configuración.
● Autentificación de rede — Seleccione se quere usar
autenticación http.
● Nome de usuario de rede e Contrasinal de
rede — Introduza o seu ID de usuario e contrasinal para
a autenticación http. Este axuste só está dispoñible se
seleccionou utilizar Autentificación de rede.
Para conectarse ao servidor e recibir axustes de configuración
para o seu dispositivo, seleccione Opcións > Iniciar
configuración.
Para ver o rexistro de configuración do perfil escollido,
seleccione Opcións > Ver rexistro.
Para actualizar directamente por teléfono o software do
dispositivo, seleccione Opcións > Verificar
actualizacións. A actualización non elimina os seus axustes.
Cando reciba o paquete de actualización no seu dispositivo,
siga as instrucións da pantalla. O dispositivo reiniciarase
cando remate a actualización. A descarga de actualizacións
de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede). Asegúrese de que a
batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte
o cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.