
Instalación de aplicacións e software
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo
dende un ordenador compatible, descargar durante a
navegación ou recibilos nunha mensaxe multimedia, como
ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth. Pode
utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para
instalar unha aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
aplicación .sis ou .sisx
Aplicación Java™
aplicación non instalada completamente
aplicación instalada na tarxeta de memoria
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro
software procedente de fontes de confianza, como
aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
● Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu
fornecedor ou creador, seleccione Opcións > Ver
detalles.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da
aplicación, seleccione Detalles: > Certificados: > Ver
detalles.
● Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou
parche para unha aplicación existente, só pode restaurar
a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade completa do
paquete de software eliminado. Para restaurar a
aplicación orixinal, elimine a aplicación e instálea de novo
dende o ficheiro de instalación orixinal ou dende a copia
de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se
non se atopa, é posible que o teléfono lle solicite a súa
descarga. Se non existe ningún punto de acceso definido
para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un. Durante a
descarga do ficheiro JAR, é posible que necesite inserir un
nome de usuario e un contrasinal para acceder ao servidor.
Pode obtelos do fornecedor ou creador da aplicación.
Para instalar a aplicación ou software, leve a cabo os pasos
que se
e
Axustes Xestor aplic.. Tamén pode buscar os ficheiros
indican a continuación:
1. Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione
>
de instalación mediante o Xestor de ficheiros ou
seleccionar Mensaxería > Caixa entrada e abrir unha
mensaxe que conteña un ficheiro de instalación.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
73

Xestión de datos
2. No Xestor de aplicacións, seleccione Opcións >
Instalar. Noutras aplicacións, seleccione o ficheiro de
instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información
acerca do seu progreso. Se instala unha aplicación sen
certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará unha
advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da
orixe e contido da aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, seleccione a
aplicación. Se a aplicación non posúe un cartafol
predeterminado definido, instalarase no cartafol Instalacións
do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e
a súa data, seleccione Opcións > Ver rexistro.
Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación
antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación con función
antivirus pode afectar ao rendemento e funcionamento ou
provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria
compatible, os ficheiros de instalación (.sis, .sisx)
permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os
ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle
impidan almacenar outros ficheiros. Para manter suficiente
memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer unha copia de
seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador
compatible e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros
para eliminar os ficheiros de instalación da memoria do
dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado dunha
mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.