Verbo de Ovi
Ovi contén servizos fornecidos por Nokia. Con Ovi, é
posible crear unha conta de correo, compartir as súas imaxes
e videoclips cos seus amigos e familia, planear viaxes e ver
localizacións nun mapa, descargar xogos, aplicacións,
videoclips e tons no seu dispositivo e mercar música. É posible
que os servizos dispoñibles varíen en función da rexión e non
todos os idiomas son compatibles.
Para acceder aos servizos de Ovi, diríxase á páxina
www.ovi.com e rexistre a súa propia conta Nokia.
Se desexa obter máis información acerca de como empregar
os servizos, consulte as páxinas de asistencia de cada servizo.