Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está
aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800 e 1900, e redes
UMTS 900/1900/2100 HSDPA . Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter máis información acerca
das redes.
O seu dispositivo admite varios métodos de conectividade e,
ao igual que os ordenadores, é posible que estea exposto a
virus e demais contido daniño. Teña precaución coas
mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e descargas.
Unicamente instale e utilice servizos e software obtidos de
fontes fiables que ofrezan seguridade e protección axeitada,
como aplicacións que pasasen o proceso de certificación
Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a posibilidade
de instalar programas antivirus e demais software de
seguridade no dispositivo e nos ordenadores conectados.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou
ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros e
que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios non
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7
Seguridade
teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se accede aos sitios mencionados, tome as precaucións
necesarias relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a
excepción do espertador, é necesario que se atope acendido.
Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que
as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes,
música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea
a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que
aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información
importante acerca do dispositivo.