Mapas.
Con Mapas, pode ver a súa posición actual no mapa, explorar
mapas de diferentes cidades e países, buscar enderezos e
puntos de interese. Tamén é posible planificar rutas e obter
instrucións de navegación en automóbil e a pé. Se garda as
súas localizacións e rutas favoritas na súa conta Nokia,
poderá organizalas en coleccións e sincronizar os elementos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
31
Posicionamento
gardados entre o dispositivo móbil e o servizo da Internet
Mapas Ovi.
Tamén é posible ver información meteorolóxica, de tráfico,
de eventos, de viaxes ou detalles doutras localizacións se se
atopan dispoñibles no seu país ou rexión.
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite
seleccionar un punto de acceso á Internet para a descarga de
mapas.
Cando ten unha conexión de datos activa e navega polo mapa
da pantalla, descárgase un mapa novo automaticamente se
se despraza a unha zona situada fóra dos mapas xa
descargados. Tamén pode utilizar o software de PC Nokia Map
Loader para descargar mapas. Para instalar Nokia Map Loader
nun ordenador compatible, visite a páxina www.nokia.com/
maps.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes
satélite, ficheiros de voz, guías ou información de tráfico
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede).
Suxestión: Para evitar as tarifas de transferencia de
datos, tamén pode empregar Mapas sen unha
conexión á Internet, e explorar os mapas que se atopan
gardados no seu dispositivo ou nunha tarxeta de
memoria, se hai unha dispoñible. Se emprega Mapas
sen unha conexión á Internet, algúns servizos non se
atoparán dispoñibles.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta
ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía descargada
para utilizarse neste dispositivo.
Os contidos como imaxes satélite, guías, información
meteorolóxica e do tráfico e servizos relacionados é xerado
por terceiros que son independentes de Nokia. O contido
pode ser inexacto e incompleto ata certo punto e está suxeito
á dispoñibilidade. Nunca confíe unicamente no contido e nos
servizos relacionados antes mencionados.
Se desexa obter máis información acerca da aplicación Mapas
no seu dispositivo, diríxase á páxina www.nokia.com/
support.