Tema de fala
Seleccione
>
Axustes > Temas e En espera > Tema
parlante.
Cando o tema parlante está activado, na pantalla de inicio
visualízase unha lista coas funcións que inclúe este tema. Ao
desprazarse polas funcións, o dispositivo vai lendo en voz alta
as funcións visualizadas. Seleccione a función desexada.
Para escoitar as entradas da lista de contactos, seleccione
Funcións chamada > Contactos.
Para escoitar a información sobre as chamadas perdidas e
recibidas e os números marcados, seleccione Funcións
chamada > Últim. chamadas.
Para chamar introducindo o número de teléfono, seleccione
Funcións chamada > Marcador e os números desexados.
Para introducir un número de teléfono, desprácese ata as
cifras e seleccióneas unha a unha.
Para abrir a súa caixa de correo de voz, seleccione Funcións
chamada > Caixa correo voz.
Para usar comandos por voz para facer unha chamada,
seleccione Ordes por voz.
Para que se lean en voz alta as mensaxes recibidas, seleccione
Lector mesaxes.
Para escoitar a hora actual, seleccione Reloxo. Para escoitar
a data actual, desprácese cara a abaixo.
Se a alarma da axenda chega á súa fin mentres usa unha
axuda de voz, a aplicación lerá o contido da alarma da axenda
en voz alta.
Para escoitar as opcións dispoñibles, seleccione Opcións.