Perfís
Seleccione
>
Axustes > Perfís.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons de
aviso e outros tons do dispositivo para distintos eventos,
contornos ou grupos de persoas que chaman. O perfil activo
amósase na parte superior da pantalla de inicio. Se o perfil
activo é Xeral só amosarase a data de hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione Opcións > Crear
novo e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e Opcións >
Personalizar.
Para cambiar un perfil, seleccione un e Opcións > Activar.
O perfil Desconectado evita que, de forma accidental, o
dispositivo se acenda, envíe ou reciba mensaxes ou use a
conectividade Bluetooth, o GPS ou a radio FM; tamén pecha
as conexións da Internet que poden estar operativas ao
seleccionar o perfil. O perfil Desconectado non evita que
estableza unha conexión Bluetooth máis tarde, ou reiniciar o
GPS ou a radio FM, polo que cumpre cos requisitos de
seguridade aplicables ao establecer ou usar estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora
determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao perfil,
seleccione Opcións > Temporizado e fixe a hora. Cando se
supere a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao perfil
sen límite de tempo activado anteriormente. Cando se
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
66
Xestión do tempo
programa un perfil, amósase na pantalla de inicio. O perfil
Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións > Borrar perfil. Non se poden eliminar os perfís
predefinidos.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible
efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións
que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen embargo,
poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a
modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.
15. Xestión do tempo
Espertador
Seleccione
>
Axustes > Reloxo.
Para ver as súas alarmas activas e inactivas, abra a ficha de
alarma. Para axustar unha nova alarma, seleccione
Opcións > Nova alarma. Se é necesario, defina a repetición.
Cando unha alarma está activada, amósase .
Para desactivar o son da alarma, seleccione Deter. Para deter
a alarma durante un determinado período de tempo,
seleccione Repetir. Se o dispositivo está apagado cando debe
soar a alarma, acenderase e o ton de alarma comezará a soar.