Nokia 6720 classic - Pantalla de inicio

background image

Pantalla de inicio

Unha vez acendido o dispositivo e rexistrado nunha rede, o

dispositivo atópase na pantalla de inicio e está listo para ser

usado.
Para abrir unha lista dos números máis marcados

recentemente, prema a tecla de chamada.
Para chamar á caixa de correo de voz, manteña premida a

tecla 1.
Para utilizar comandos de voz ou marcación por voz,

manteña premida a tecla de selección dereita.
Para cambiar o perfil, prema brevemente a tecla de acendido

e seleccione un perfil.
Para abrir unha conexión á web, manteña premida a tecla

0.
Para modificar a pantalla de inicio, seleccione

>

Axustes > Axustes e Xeral > Personalización > Modo

en espera e escolla entre as seguintes opcións:
Tema en espera — Permite seleccionar un tema para a

pantalla de inicio.

Accesos directos — Permite engadir accesos directos a

aplicacións ou eventos, ou asignar accesos directos á tecla

de desprazamento, segundo o tema seleccionado para a

pantalla de inicio.

T. espera aforro enerxía — Permite definir o período de

tempo que o dispositivo está inactivo antes de que se

active o aforro de enerxía.

Duración luz — Permite definir o período de tempo que

o dispositivo está inactivo antes de que a pantalla

escureza.