Pantalla de inicio
Unha vez acendido o dispositivo e rexistrado nunha rede, o
dispositivo atópase na pantalla de inicio e está listo para ser
usado.
Para abrir unha lista dos números máis marcados
recentemente, prema a tecla de chamada.
Para chamar á caixa de correo de voz, manteña premida a
tecla 1.
Para utilizar comandos de voz ou marcación por voz,
manteña premida a tecla de selección dereita.
Para cambiar o perfil, prema brevemente a tecla de acendido
e seleccione un perfil.
Para abrir unha conexión á web, manteña premida a tecla
0.
Para modificar a pantalla de inicio, seleccione
>
Axustes > Axustes e Xeral > Personalización > Modo
en espera e escolla entre as seguintes opcións:
● Tema en espera — Permite seleccionar un tema para a
pantalla de inicio.
● Accesos directos — Permite engadir accesos directos a
aplicacións ou eventos, ou asignar accesos directos á tecla
de desprazamento, segundo o tema seleccionado para a
pantalla de inicio.
● T. espera aforro enerxía — Permite definir o período de
tempo que o dispositivo está inactivo antes de que se
active o aforro de enerxía.
● Duración luz — Permite definir o período de tempo que
o dispositivo está inactivo antes de que a pantalla
escureza.