e seleccione Mensaxería (servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione Nova mensaxe.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
35
Mensaxería
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
Caixa entrada — As mensaxes recibidas, excepto as
mensaxes de correo electrónico e de información de cela,
almacénanse aquí.
●
As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en
cartafoles.
Suxestión: Para evitar ter que volver escribir
mensaxes que envía con frecuencia, utilice os textos
do cartafol Modelos en As miñas carp.. Tamén pode
crear e gardar os seus propios modelos.
●
●
Nova caixa corr. — Conéctese coa súa caixa de correo
remota para recuperar mensaxes de correo electrónico
novas ou ver mensaxes de correo electrónico recuperadas
previamente fóra de liña.
●
Borrador — Os borradores das mensaxes que non se
enviaron almacénanse aquí.
●
Enviadas — As últimas mensaxes que se enviaron,
excepto as mensaxes enviadas mediante a conectividade
Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o número de
mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.
●
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando
a ser enviadas almacénanse temporalmente na caixa de
saída, por exemplo, cando o dispositivo está fóra da
cobertura da rede.
Informes — Pode solicitar que a rede lle envíe un
informe de entrega das mensaxes de texto e mensaxes
multimedia que enviou (servizo de rede).
●
Para inserir e enviar solicitudes de servizo (coñecidas tamén
como comandos USSD), como os comandos de activación de
servizos de rede, ó seu fornecedor de servizos, seleccione
Opcións > Comando de servizo na vista principal de
Mensaxería.
Información cela (servizo de rede) permítelle recibir
mensaxes sobre varios temas, como a información
meteorolóxica ou as condicións de tráfico, do seu fornecedor
de servizos. Para obter información sobre cómo ver os temas
dispoñibles e o números de temas relevantes, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos. Na vista principal de
Mensaxería, seleccione Opcións > Información cela.
As mensaxes de información de cela non se poden recibir en
redes UMTS. Unha conexión de paquetes de datos pode evitar
a recepción de información de cela.