Nokia Messaging
O servizo Nokia Messaging transfire automaticamente o
correo dende o seu enderezo electrónico ao seu teléfono.
Pode ler, responder e organizar as súas mensaxes de correo
alí onde se atope. O servizo Nokia Messaging funciona con
varios provedores de correo persoal como, por exemplo, os
servizos de correo electrónico de Google.
É posible que o servizo Nokia Messaging non sexa de balde.
Para informarse sobre os posibles custos, póñase en contacto
co seu provedor de servizos ou con Nokia Messaging.
O servizo Nokia Messaging debe ser compatible coa súa rede
e pode que non estea dispoñible en todas as zonas.
Na actualidade Nokia Messaging proporciónase como proba.
Instalación da aplicación de Nokia Messaging
1. Seleccione
>
Axustes > Asist. axust..
2. A primeira vez que abre o Asistente de axustes, pídeselle
que defina os axustes de correo electrónico segundo os
axustes do operador. Se xa utilizou o Asistente de axustes
con anterioridade, seleccione Config. correo.
3. Na configuración de correo electrónico, lea a información
de pantalla e seleccione Iniciar > Nokia Messaging.
4. Acepte a instalación da aplicación de Nokia Messaging.
5. Introduza os detalles da súa conta de correo.
A aplicación de Nokia Messaging instálase en
>
Aplicacións.
Para máis información, consulte www.email.nokia.com.