Message reader
Coa aplicación Message reader pode escoitar mensaxes de
texto, multimedia e de audio, ademais de correos
electrónicos.
Para cambiar os axustes de lectura de mensaxes na aplicación
Discurso, seleccione Opcións > Discurso.
Para escoitar novas mensaxes ou correos electrónicos,
manteña premida na pantalla de inicio a tecla de selección
esquerda ata que se abra a aplicación Message reader.
Para escoitar mensaxes da súa bandexa de entrada ou
correos da súa caixa de correo, seleccione unha mensaxe e,
a continuación, Opcións > Escoitar. Para deter a lectura,
prema a tecla fin.
Para pór en pausa ou retomar a lectura, prema a tecla de
desprazamento. Para saltar á seguinte mensaxe ou correo,
desprácese á dereita. Para volver reproducir a mensaxe ou o
correo electrónico actual, desprácese á esquerda. Para saltar
á mensaxe anterior, desprácese á esquerda dúas veces. Para
axustar o volume, desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Para ver a mensaxe actual ou o correo electrónico en formato
de texto sen o son, seleccione Opcións > Ver.