Mail for Exchange
Con Mail for Exchange, pode recibir o correo electrónico do
traballo no seu teléfono. Poderá ler e contestar os correos
electrónicos, ver e editar ficheiros adxuntos compatibles, ver
información do calendario, recibir e contestar solicitudes de
xuntanzas, programar xuntanzas, e ver, engadir ou editar
información de contacto.
ActiveSync
O uso de Mail for Exchange limítase á sincronización "over the
air" da información PIM entre o dispositivo de Nokia e o
servidor autorizado Microsoft Exchange.
Mail for Exchange só se pode configurar se a súa empresa
dispón de Microsoft Exchange Server. Ademais, o
administrador de TI da súa empresa deberá activar Mail for
Exchange para a súa conta.
Antes de instalar Mail for Exchange, asegúrese de que dispón
do seguinte:
● Un ID de correo electrónico de empresa
● O seu nome de usuario da rede da oficina
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
42
Mensaxería
● O seu contrasinal da rede da oficina
● O seu nome de dominio da rede (póñase en contacto co
departamento de TI da súa empresa)
● O seu nome de servidor de Mail for Exchange (póñase en
contacto co departamento de TI da súa empresa)
Dependendo da configuración do servidor de Mail for
Exchange da súa empresa, é posible que teña que inserir
outra información ademais da incluída. Se non coñece a
información correcta, póñase en contacto co departamento
de TI da súa empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código de
bloqueo sexa obrigatorio. O código de bloqueo
predeterminado do teléfono é 12345, pero é posible que o
administrador de TI da súa empresa establecera un código
diferente para vostede.
Para acceder a e modificar o perfil e os axustes de Mail for
Exchange, seleccione
>
Aplicacións > Mail for
Exchange.