Editar texto e listas
Para copiar e pegar un texto, mentres mantén premida a tecla
#, desprácese á esquerda ou á dereita para resaltar o texto.
Para copiar o texto ó portapapeis, mentres aínda mantén
premida a tecla#, seleccioneCopiar. Para inserir o texto nun
documento, manteña premida a tecla # e seleccione Pegar.
Para marcar un elemento nunha lista, desprácese ata el e
prema #.
Para marcar varios elementos dunha lista, manteña premida
a tecla # mentres se despraza arriba ou abaixo. Para finalizar
a selección, deixe de desprazarse e solte a tecla #.