Consellos sobre a entrada de texto
Para inserir un número no modo de letras, manteña premida
a tecla numérica desexada.
Para alternar entre os diferentes modos de carácter, prema
#.
Para eliminar un carácter, prema C. Para eliminar máis dun
carácter, manteña premida a tecla C.
Os signos de puntuación máis comúns están dispoñibles na
tecla 1. Para desprazarse por estes un por un, se utiliza a
entrada de texto tradicional, prema 1 varias veces. Se utiliza
a entrada de texto preditivo, prema 1 e, a continuación, *
varias veces.
Para abrir unha lista de caracteres especiais, manteña
premida a tecla *.
Suxestión: Para seleccionar varios caracteres
especiais dende a lista de caracteres especiais, prema
5 despois de cada carácter resaltado.