Datos, axustes e mensaxes de servizo web
O dispositivo pode recibir moitas clases de mensaxes que
conteñen datos, como tarxetas de visita, tons de chamada,
logotipos do operador, entradas de axenda e notificacións de
correo electrónico. Tamén pode recibir axustes do seu
fornecedor de servizos nunha mensaxe de configuración.
Para gardar os datos da mensaxe, seleccione Opcións e a
opción correspondente.
As mensaxes do servizo web son notificacións (por exemplo,
titulares de noticias) e poden conter unha mensaxe de texto
ou unha ligazón. Para consultar a dispoñibilidade e a
subscrición, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.