remota mediante unha conexión de datos.
Visualización de mensaxes de correo electrónico
recuperadas previamente fóra de liña — Seleccione
Non.
Creación dunha nova mensaxe de correo electrónico —
Seleccione Opcións > Crear mensaxe > Correo.
Peche da conexión de datos coa caixa de correo
remota — Seleccione Opcións > Desconectar.
Mensaxería
Recuperación de mensaxes de correo
electrónico
Seleccione
>
Mensaxería e unha caixa de correo.
Se se atopa fóra de liña, seleccione Opcións > Conectar para
abrir unha conexión coa caixa de correo remota.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes,
xa que é posible que conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Recuperación de mensaxes se ten unha conexión aberta
cunha caixa de correo remota — Seleccione Opcións >
Recuperar correo > Novo para recuperar todas as
mensaxes novas, Seleccionado para recuperar só as
mensaxes seleccionadas ou Todo para recuperar todas as
mensaxes da caixa de correo. Para deter a recuperación de
mensaxes, seleccione Cancelar.
Peche da conexión e visualización das mensaxes de
correo electrónico fóra de liña — Seleccione Opcións >
Desconectar.
Apertura dunha mensaxe de correo electrónico fóra de
liña — Para abrir unha mensaxe de correo electrónico,
selecciónea. Se a mensaxe de correo electrónico non se
recuperou e vostede se atopa fóra de liña, preguntaráselle se
desexa recuperar esta mensaxe da caixa de correo.
Visualización de anexos a mensaxes de correo
electrónico — Abra a mensaxe e seleccione o campo do
anexo indicado mediante . Se o dispositivo non recuperou
o anexo, seleccione Opcións > Recuperar.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
41
Mensaxería