Recuperación de mensaxes de correo electrónico
automaticamente — Seleccione Opcións > Axustes de
correo > Recuperación autom..
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
Eliminación de mensaxes de correo
electrónico
Seleccione
>
Mensaxería e unha caixa de correo.
Para eliminar os contidos dunha mensaxe de correo
electrónico no dispositivo e mantelos na caixa de correo
remota, seleccione Opcións > Borrar > Só do teléfono.
O teléfono reflicte as cabeceiras dos correos electrónicos da
caixa de correo remota. Aínda que elimine o contido da
mensaxe, as cabeceiras das mensaxes de correo electrónico
permanecerán no teléfono. Se desexa eliminar tamén a
cabeceira, cómpre que estea conectado ao servidor cando
elimine a mensaxe do dispositivo e da caixa de correo
remota. De non existir unha conexión co servidor,
eliminarase a cabeceira ao establecerse a conexión do
teléfono á caixa de correo remota para actualizar o estado.
Para eliminar un correo electrónico do dispositivo e da caixa
de correo remota, seleccione Opcións > Borrar > Do
teléfono e servidor.
Para cancelar a eliminación dun correo electrónico marcado
para a súa eliminación do dispositivo e o servidor durante a
próxima conexión ( ), seleccione Opcións > Recuperar.