Axustes de mensaxes de texto
Seleccione
>
Mensaxería e Opcións > Axustes >
Mensaxe texto.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Centros de mensaxes — Permite ver unha lista de todos
os centros de mensaxes de texto que se definiron.
● Centro mensaxes en uso — Permite seleccionar que
centro de mensaxes desexa usar para entregar mensaxes
de texto.
● Codificación caracteres — Para utilizar a conversión de
caracteres a outro sistema de codificación cando estea
dispoñible, seleccione Soporte reducido.
● Informe de recepción — Permite seleccionar se desexa
que a rede envíe informes de entrega das mensaxes
(servizo de rede).
● Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante
canto tempo desexa que o centro de mensaxes reenvíe a
súa mensaxe se non o consegue a primeira vez (servizo de
rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste
período de validez, elimínase do centro de mensaxes.
● Mensaxe enviada como — Para obter información
acerca de se o seu centro de mensaxes pode converter as
mensaxes de texto nestes outros formatos, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
● Conexión preferida — Permite seleccionar a conexión
que desexa usar.
● Resp. desde mesmo ctro. — Permite seleccionar se
desexa que a mensaxe de resposta se envíe usando o
mesmo número do centro de mensaxes de texto (servizo
de rede).