Axustes de información de cela
Consulte os temas dispoñibles e números de temas
relacionados ó seu fornecedor de servizos.
Prema
e seleccione Mensaxería > Opcións >
Axustes > Información de cela.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Recepción — Seleccione se desexa recibir mensaxes de
información de cela.
● Idioma — Seleccione os idiomas nos que desexa recibir
mensaxes: Todos, Seleccionados ou Outros.
● Detección de temas — Seleccione se desexa que o
dispositivo busque automaticamente números de temas
novos e garde os números novos sen un nome na lista de
temas.
9. Contactos
Seleccione
>
Contactos.
En Contactos, pode gardar e actualizar a información de
contacto, como números de teléfono, enderezos postais ou
enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode
engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a unha
tarxeta de contacto. Ademais, tamén pode crear grupos de
contacto, o que lle permite enviar mensaxes de texto ou
correos electrónicos a varios destinatarios á vez.