Axustes de usuario
>
Mensaxería e Opcións > Axustes >
Correo > Caixas de correo, unha caixa de correo, e Axustes
do usuario.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Seleccione
● O meu nome — Permite inserir o seu nome. O seu nome
substituirá o seu enderezo de correo electrónico no
dispositivo do destinatario, sempre que ese dispositivo
admita esta función.
● Enviar mensaxe — Permite definir como desexa que se
envíe o correo electrónico dende o seu teléfono. Para
axustar o dispositivo para conectarse á caixa de correo ao
seleccionar Enviar mensaxe, seleccione
Inmediatamente. Se selecciona Na conex. seguinte, o
correo electrónico enviarase cando a conexión coa caixa
de correo remota estea dispoñible.
● Enviar copia a un mesmo — Permite gardar unha copia
do correo electrónico na súa propia caixa de correo.
● Incluír sinatura — Permite anexar unha sinatura aos
seus correos electrónicos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
46
● Avisos de correo novo — Permite axustar o dispositivo
para que lle envíe unha notificación (un ton, unha nota e
un indicador de correo) cando se recibe un correo
electrónico novo.
● Borrado de correo — Permite axustar o dispositivo para
eliminar os correos electrónicos unicamente no
dispositivo, no dispositivo e no servidor ou se desexa que
se lle pregunte en cada ocasión de xeito independente.
● Enderezo de resposta — Permite definir un enderezo de
correo electrónico no cal se entreguen as respostas
enviadas dende a caixa de correo en cuestión.