Axustes de recuperación automática
>
Mensaxería e Opcións > Axustes >
Correo > Caixas de correo, unha caixa de correo, e
Recuperación autom..
Seleccione
Recuperar automaticamente cabeceiras de correos
novos da súa caixa de correo remota — Seleccione
Notificacións de correo e Actualizar autom. ou Só en rede
propia.
Recuperar automaticamente cabeceiras de correos
novos da súa caixa de correo remota a unha hora
definida — Seleccione Recuperación de correo e
Activada ou Só en rede propia. Defina cando e con que
frecuencia desexa que se recuperen os correos electrónicos.
Notificacións de correo e Recuperación de correo non
poden estar activos ó mesmo tempo.
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.