Axustes de conexión
Seleccione
>
Mensaxería e Opcións > Axustes >
Correo > Caixas de correo, unha caixa de correo, e Axustes
de conexión.
Correo electrónico entrante
Para editar os axustes dos correos electrónicos que recibe,
seleccione Correo entrante e unha das seguintes opcións:
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
45
Mensaxería
● Nome de usuario — Permite inserir o nome de usuario
facilitado polo seu fornecedor de servizos.
● Contrasinal — Permite inserir o seu contrasinal. Se deixa
este campo en branco, solicitaráselle que insira o seu
contrasinal cando tente conectarse á súa caixa de correo
remota.
● Servidor correo entrante — Permite inserir o enderezo
IP ou o nome de host do servidor de correo que recibe o
seu correo electrónico.
● Punto de acceso en uso — Permite seleccionar un punto
de acceso á Internet (IAP).
● Nome da caixa de correo — Permite inserir un nome
para a caixa de correo.
● Tipo de caixa de correo — Permite definir o protocolo
de correo electrónico que recomenda o fornecedor de
servizos da súa caixa de correo remota. As opcións son
POP3 e IMAP4. Este axuste non se pode modificar.
● Seguridade — Permite seleccionar a opción de
seguridade utilizada para asegurar a conexión coa caixa
de correo remota.
● Porto — Permite definir un porto para a conexión.
● Acceso seguro APOP (só para POP3) — Permite codificar
o envío de contrasinais ao servidor de correo electrónico
remoto mentres conecta coa caixa de correo.
Correo electrónico saínte
Para editar os axustes do correo electrónico que envía,
seleccione Correo saínte e unha das seguintes opcións:
● O meu enderezo correo — Permite inserir o enderezo
de correo electrónico proporcionado polo seu fornecedor
de servizos.
● Servidor correo saínte — Permite inserir o enderezo IP
ou o nome de host do servidor de correo que envía o seu
correo electrónico. É posible que só poida utilizar o
servidor saínte do seu fornecedor de servizos. Para obter
máis información, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
Os axustes de nome de usuario, contrasinal, punto de acceso,
seguridade e porto son similares aos do correo entrante.