Reproducir unha canción ou un episodio de
podcast
Para engadir todas as cancións e podcasts dispoñibles á
biblioteca de música, seleccione Opcións > Actualizar
biblioteca.
Para reproducir unha canción ou un episodio de podcast,
seleccione a categoría desexada e a canción ou o episodio de
podcast.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
28
Para inserir unha pausa na reprodución, prema a tecla de
desprazamento; para continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo. Para deter a reprodución,
desprácese cara abaixo.
Para realizar o avance rápido ou rebobinado, manteña
premida a tecla de desprazamento cara á dereita ou á
esquerda.
Para ir ao seguinte elemento, desprácese á dereita. Para
volver ao principio do elemento, desprácese á esquerda. Para
saltar ao elemento anterior, desprácese á esquerda 2
segundos despois do inicio dunha canción ou podcast.
Para modificar o ton da reprodución de música, seleccione
Opcións > Ecualizador.
Para modificar o balance e a imaxe estéreo ou para mellorar
os graves, seleccione Opcións > Axustes de audio.
Para ver unha visualización durante a reprodución,
seleccione Opcións > Mostrar visualización.
Para volver á pantalla de inicio e deixar o reprodutor no
segundo plano, prema a tecla de fin.