Cargar a batería
A batería vén cargada parcialmente de fábrica. Se o
dispositivo indica que o nivel de carga da batería é baixo, faga
o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
2. Conecte o cargador ao
dispositivo.
3. Cando o dispositivo
indique que a batería
está completamente
cargada, desconecte o
cargador do
dispositivo e, a
continuación, da toma
de parede.
Tamén é posible cargar a batería cun cable USB conectado a
un ordenador compatible.
1. Conecte o cable USB ao porto USB dun ordenador e ao
teléfono.
2. Unha vez cargada totalmente a batería, desconecte o
cable USB.
A eficacia da carga mediante USB varía significativamente.
Nalgúns casos, tanto a carga da batería coma o
funcionamento do dispositivo poden tardar moito tempo en
comezar. Non é preciso cargar a batería durante un período
de tempo específico e é posible utilizar o dispositivo mentres
se está a cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
Introdución
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.