
Reproduza e administre podcasts
Seleccione
>
Internet > Podcasting e Podcasts.
Ver os episodios dispoñibles dun podcast — Seleccione o
título dun podcast. Amosarase unha lista de episodios.
Reproducir un episodio totalmente descargado —
Seleccione Opcións > Reproducir.
Actualizar un podcast — Seleccione Opcións >
Actualizar.
Deter a actualización — Seleccione Opcións > Deter
actualización.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
62

Engadir un podcast novo mediante a introdución
do seu enderezo web
1. Seleccione Opcións > Novo podcast.
2. Insira o enderezo web do podcast.
Se non dispón dun punto de acceso definido ou se ao
intentar abrir unha conexión de paquete de datos se lle
solicita que insira un nome de usuario e un contrasinal,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Editar o enderezo web dun podcast — Seleccione
Opcións > Editar.
Eliminar un podcast descargado do dispositivo —
Seleccione Opcións > Borrar.
Abrir o sitio web do podcast — Seleccione Opcións >
Abrir páxina web.
Comentar o podcast ou ver comentarios (se os hai) —
Seleccione Opcións > Ver comentarios.
Enviar un podcast a outro dispositivo compatible
1. Seleccione Opcións > Enviar.
2. Seleccione o método de envío (como ficheiros de
formato .opml nunha mensaxe multimedia ou mediante
a conectividade Bluetooth).