Directorios
Os directorios axudan a atopar episodios de podcast novos
aos que subscribirse.
Seleccione
>
Internet > Podcasting.
Abrir un directorio — Seleccione Directorios e o directorio
desexado. Se o directorio non está actualizado, se o
selecciona, iniciarase o proceso de actualización. Unha vez
completada a actualización, seleccione o directorio de novo
para abrilo.
Os directorios poden incluír unha selección dos mellores
podcast listados por popularidade e por cartafoles temáticos.
Abrir un cartafol temático — Seleccione a carpeta.
Amosarase unha lista de podcasts.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
61
Internet
Subscribirse a un podcast — Desprácese ata o título e
seleccione Subscribirse. Despois de subscribirse a un
podcast, pode descargar, xestionar e reproducir os episodios
de podcast no menú de podcast.
Editar carpetas, ligazóns ou directorios de páxinas
web — Seleccione Opcións > Editar.
Enviar un cartafol de directorios
1. Diríxase a un directorio da lista.
2. Seleccione Opcións > Enviar.
3. Seleccione o método de envío.
Importar un ficheiro OPML almacenado no seu
dispositivo
1. Seleccione Opcións > Importar ficheiro OPML.
2. Seleccione a localización do ficheiro e impórteo.
Engadir un novo cartafol ou directorio web
1. Na vista de directorios, seleccione Opcións > Novo >
Directorio web ou Cartafol.
2. Introduza o título e o enderezo web do ficheiro OPML
(outline processor markup language / linguaxe de marcas
para procesamento de esquemas).