Descargas
Unha vez subscrito a un podcast, dende os directorios, a busca
ou inserindo un enderezo web, pode xestionar, descargar e
reproducir episodios de Podcasts.
Para ver os podcasts aos que se subscribiu, seleccione
Podcasting > Podcasts.
Para ver títulos de episodios individuais (un episodio é un
ficheiro multimedia en particular dun podcast), seleccione o
título do podcast.
Para iniciar unha descarga, seleccione o título do episodio.
Para descargar ou continuar a descarga de episodios
seleccionados ou marcados, seleccione Opcións >
Descargar. É posible descargar varios episodios ó mesmo
tempo.
Para reproducir unha parte dun podcast durante a descarga
ou despois da descarga parcial, seleccione o podcast e
Opcións > Vista previa.
No cartafol Podcasts pódense atopar podcasts
completamente descargados, pero non se amosarán ata que
actualice a biblioteca.