Axustes de podcasting
Seleccione
>
Internet > Podcasting.
Para comezar a usar o Podcasting, defina os axustes da
conexión e da descarga.
Axustes de conexión
Seleccione Opcións > Axustes > Conexión e unha das
seguintes opcións:
● Punto de acceso predet. — Permite seleccionar o punto
de acceso que desexa usar para conectarse á Internet.
● URL do servizo de busca — Permite definir o enderezo
web do servizo de procura de podcasts que desexa que se
use para procurar podcasts.
Axustes de descarga
Seleccione Opcións > Axustes > Descargar e unha das
seguintes opcións:
● Gardar en — Permite definir ónde desexa que se garden
os podcasts.
● Intervalo de actual. — Permite definir a frecuencia de
actualización dos podcasts.
● Hora seguint. de actual. — Permite definir a hora da
seguinte actualización automática.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
60
As actualizacións automáticas só se realizan se se
selecciona un punto de acceso predeterminado específico
e se a aplicación Podcasting está aberta.
● Límite de descarga (%) — Permite definir o porcentaxe
da memoria que desexa que se reserve para as descargas
de podcasts.
● Se supera o límite — Defina o que facer cando se supera
o límite de descarga.
Configurar a aplicación para recuperar podcasts
automaticamente pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do fornecedor de
servizos. Para obter información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
Restauración dos axustes predeterminados — Seleccione
Opcións > Restaurar predet..