Atopar podcast
É posible atopar podcast por palabra clave ou título.
Seleccione
>
Internet > Podcasting.
Definir un enderezo web de servizo de busca de
podcast — Para utilizar o servizo de busca, cómpre definir
un enderezo web dun servizo de busca de podcast. Seleccione
Opcións > Axustes > Conexión > URL do servizo de
busca.
Procurar podcast — Seleccione Buscar e insira as palabras
clave desexadas.
Internet
Suxestión: O servizo de busca intenta atopar títulos
de podcast e palabras clave nas descricións, non
episodios específicos. Os temas xerais, como o fútbol
ou o hip-hop, normalmente proporcionan mellores
resultados que un equipo ou artista específico.
Subscribirse a un podcast atopado — Seleccione o título
do podcast. O podcast engadirase á súa lista de podcast aos
que se subscribiu.
Comezar unha nova busca — Seleccione Opcións > Nova
busca.
Dirixirse ao sitio web dun podcast — Seleccione
Opcións > Abrir páxina web.
Ver os detalles dun podcast — Seleccione Opcións >
Descrición.