Widgets
Este dispositivo admite widgets. Os widgets son aplicacións
web pequenas que se poden descargar e que fornecen ao
teléfono material multimedia, fontes novas e outra
información, como informes meteorolóxicos. Os widgets
instalados amósanse como aplicacións individuais no
cartafol Aplicacións.
Para buscar e descargar widgets, visite Ovi Store na páxina
store.ovi.com.
Tamén pode instalar widgets nunha tarxeta de memoria
compatible (se está dispoñible).
O punto de acceso predeterminado para os widgets é o
mesmo que o do navegador web. Cando se executan en
segundo plano, algúns widgets poden actualizar información
automaticamente no dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Para obter máis información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.