Navegación pola web
Mediante a aplicación do Navegador, é posible navegar por
páxinas web.
Seleccione
>
Internet > Web.
1. Se a cámara se atopa en modo de imaxe, seleccione o
modo vídeo na barra de ferramentas.
2. Para comezar a gravar, prema a tecla capturar.
3. Para deter a gravación, seleccione Pausa. Seleccione
Continuar para continuar coa gravación.
4. Para deter a gravación, seleccione Deter. O videoclip
gárdase automaticamente na Galería. A lonxitude
máxima do videoclip depende da memoria dispoñible.
Atallo: Para iniciar o navegador, manteña premida a
tecla 0 na pantalla de inicio.
Ir a unha páxina web — Na vista de favoritos, seleccione
un favorito ou comece a introducir un enderezo web (o
campo ábrese automaticamente) e seleccione Ir a.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como
videoclips, que requiren dispoñer dunha gran cantidade de
memoria para poder ser visualizados. Se se esgota a memoria
do teléfono mentres carga unha páxina web deste tipo, insira
unha tarxeta de memoria. Do contrario, os videoclips non se
visualizarán.
Desactivación dos gráficos para aforrar memoria e
acelerar a descarga — Seleccione Opcións > Axustes >
Páxina > Cargar contido > Só texto.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
52
Internet
Actualización do contido dunha páxina web — Seleccione
Opcións > Opcións de páxina web > Recargar.
Visualización de instantáneas de páxinas web
visitadas — Seleccione Atrás. Ábrese unha lista de páxinas
que visitou durante a sesión de navegación actual. Esta
opción atópase dispoñible se Lista de historial se atopa
activado nos axustes do navegador.
Bloqueo ou autorización da apertura automática de
varias ventás — Seleccione Opcións > Opcións de páxina
web > Bloq. fiestras emerx. ou Permit. fiestras emer..
Visualización das teclas de acceso directo — Seleccione
Opcións > Atallos teclado. Para editar as teclas de atallo,
seleccione Editar.
Ampliación e redución dunha páxina web — Para ampliar
unha imaxe, prema *. Para reducir unha imaxe, prema #.
Suxestión: Para enviar o navegador a segundo plano
sen saír da aplicación nin pechar a conexión, prema a
tecla de finalización unha vez.