Fontes web e blogs
Mediante infos web, é posible seguir os titulares de novas e
os seus blogs favoritos.
Seleccione
>
Internet > Web.
Os infos web son ficheiros XML de páxinas web. Empréganse
para compartir, por exemplo, titulares de novas recentes ou
blogs. Resulta común atopar fontes web en páxinas web, blog
e wiki.
O navegador detecta automaticamente se unha páxina web
contén fontes web.
Subscribirse a un info web cando existe un info
dispoñible na páxina — Seleccione Opcións >
Subscribirse a infos web.
Actualizar un info web — Na vista de infos web, seleccione
un info e, a continuación, Opcións > Opcións de fontes
web > Actualizar.
Axustar a actualización automática de todos os infos
web — Na vista de infos web, seleccione Opcións >
Editar > Editar. Esta opción non se atopa dispoñible se se
marcan unha ou máis fontes.