
Descarga e compra de elementos
É posible descargar elementos como tons de chamada,
imaxes, logotipos de operador, temas e videoclips. Estes
elementos pódense proporcionar de xeito gratuíto ou pode
mercalos. As respectivas aplicacións manipulan os elementos
descargados no seu dispositivo, por exemplo, as fotos
descargadas pódense gardar na Galería.
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro
software procedente de fontes de confianza, como
aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified.
Para descargar un elemento:
1. Seleccione a ligazón.
2. Seleccione a opción axeitada para mercar o elemento (por
exemplo, Mercar).
3. Lea detidamente toda a información proporcionada.
4. Para continuar ou cancelar a descarga, seleccione a
opción axeitada (por exemplo, Aceptar ou Cancelar).
Cando inicia unha descarga, amósase unha lista coas
descargas en curso e as completadas da sesión de navegación
actual.
Para modificar a lista, seleccione Opcións > Descargas. Na
lista, seleccione un elemento e Opcións para cancelar as
descargas en curso ou abrir, gardar ou eliminar as descargas
rematadas.
Favoritos
É posible almacenar as súas páxinas web favoritas en
Favoritos para acceder a elas de xeito instantáneo.
Seleccione
>
Internet > Web.
Acceder aos favoritos
1. Se dispón dunha páxina distinta de Favoritos axustada
como páxina de inicio, seleccione Opcións > Ir a >