Axustes de web
Mediante axustes diferentes, é posible mellorar a navegación
en función das súas necesidades.
Seleccione
>
Internet > Web e Opcións > Axustes e
unha das seguintes opcións:
Axustes xerais
● Punto de acceso — Cambiar o punto de acceso
predeterminado. Pode que o fornecedor de servizos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
56
Internet
predeterminara algúns ou todos os puntos de acceso do
di
ed
spositivo. É posible que non os poida cambiar, crear,
itar nin borrar.
● Páxina de inicio — Definir a páxina de inicio.
● Minimapa — Activar ou desactivar o Minimapa. O
Minimapa serve de axuda para navegar polas páxinas web.
● Lista de historial — Se selecciona Activada durante a
navegación, seleccione Atrás para ver unha lista das
páxinas visitadas durante a sesión actual.
● Advertencias seguridade — Permite ocultar ou amosar
notificacións de seguridade.
● Script Java/ECMA — Permite activar ou desactivar o uso
de secuencias de comandos.
● Erros de script Java/ECMA — Permite axustar o
dispositivo para recibir notificacións de scripts.
● Abrir durante a descarga — Permite a apertura dun
ficheiro mentres se está descargando.
Axustes de páxina
● Cargar contido — Seleccionar se as imaxes e outros
obxectos se deben cargar durante a navegación. Se
selecciona Só texto, seleccione Opcións > Opcións
visualización > Cargar imaxes para cargar máis tarde
imaxes ou obxectos durante a navegación.
● Codificación predeterm. — Se os caracteres de texto non
se visualizan correctamente, pode seleccionar outra
codificación consonte o idioma da páxina actual.
● Bloquear fiestras emerx. — Esta función permite ou
bloquea a apertura automática das fiestras emerxentes
durante a navegación.
● Recarga automática — Permite axustar a actualización
automática das páxinas web durante a navegación.
● Tamaño de fonte — Permite definir o tamaño de fonte
que desexa que se utilice nas páxinas web.
Axustes de privacidade
● Últimas webs visitadas — Permite activar ou desactivar
a compilación de favoritos automática. Se desexa
continuar gardando os enderezos das páxinas web
visitadas no cartafol Últimas webs visitadas, pero desexa
ocultar o cartafol da vista dos favoritos, seleccione Ocultar
carpeta.
● Gardar datos formulario — Seleccionar se os datos do
contrasinal ou os datos introducidos por vostede nunha
páxina web se deben gardar e utilizar a próxima vez que
abra a páxina.
● Cookies — Permite activar ou desactivar a recepción e o
envío de cookies.
Axustes de infos web
● Punto acceso act. auto. — Seleccionar o punto de acceso
requirido para a súa actualización. Esta opción só está
dispoñible se Actualizacións auto. está activada.
● Actualizar en itinerancia — Permite activar a
actualización automática dos infos web en situación de
itinerancia.