![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia 6720 classic/gl/Nokia 6720 classic_gl058.png)
Subscrición aos servizos
Seleccione
>
Internet > Comp. liña.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña,
acceda ao sitio web do fornecedor de servizos e comprobe
que o teléfono sexa compatible co devandito servizo. Cree
unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio
web. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios
para configurar o seu dispositivo coa conta.
1. Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña
do seu dispositivo, seleccione un servizo e Opcións >
Activar.
2. Permita ao dispositivo crear unha conexión de rede. Se se
lle solicita indicar un punto de acceso á Internet,
seleccione un da lista seguinte.
3. Siga as instrucións indicadas no sitio web do fornecedor
de servizos para iniciar sesión na súa conta.
Para obter información acerca da dispoñibilidade e custos
dos servizos de terceiros e dos custos da transferencia de
datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos ou
cun terceiro.