Centro de vídeo de Nokia
Co Centro de vídeo Nokia (servizo de rede), pode descargar e
transmitir por secuencias videoclips mediante unha conexión
polo aire desde servizos de vídeo da Internet compatibles
utilizando unha conexión de paquetes de datos. Pode
transferir videoclips desde un ordenador compatible ao
teléfono e visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para
descargar vídeos pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
É posible que o teléfono dispoña de servizos predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos proporcionen
contido de xeito gratuíto ou que cobren unha tarifa. Consulte
o prezo no servizo ou ao fornecedor de servizos.