Inicio de buscas
Seleccione
>
Procura.
Para buscar os contidos do seu dispositivo móbil, insira
termos de busca no campo de busca ou navegue polas
categorías do contido. Mentres insire os termos de busca, os
resultados organízanse en categorías. Os resultados aos que
se accedeu máis recentemente aparecen na parte superior da
lista de resultados, se coinciden cos termos de busca.
Para procurar páxinas web en Internet, seleccione Procurar
na Internet e un buscador e introduza os termos da busca
no campo de busca. O buscador que seleccionou axústase
como o seu buscador de Internet predeterminado.
Se xa se atopa fixado un fornecedor de busca
predeterminado, seleccióneo para comezar unha busca ou
seleccione Máis servizos busca para utilizar outro
fornecedor.
Para cambiar o fornecedor de busca predeterminado,
seleccione Opcións > Axustes > Servizos de procura.
Para cambiar os axustes do seu país ou rexión para buscar
máis fornecedores de busca, seleccione Opcións >
Axustes > País ou rexión.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
63