Nokia 6720 classic - Realizar unha videochamada

background image

Realizar unha videochamada

Para facer unha videochamada, introduza o número de

teléfono ou seleccione o destinatario en contactos e

Opcións > Chamar > Videochamada. Cando comece a

videochamada, a cámara do dispositivo actívase. Se a cámara

xa se está a usar, o envío de vídeo queda desactivado. Se o

destinatario da chamada non quere que vostede vexa o seu

vídeo, en vez do vídeo amosarase unha imaxe fixa. Para

definir a imaxe fixa (que substitúe ao vídeo) enviada dende

o seu dispositivo, seleccione

>

Axustes > Axustes e

Teléfono > Chamadas > Imaxe en videochamada.
Para desactivar o envío de son, vídeo, ou son e vídeo,

seleccione Opcións > Desactivar > Envío de audio, Envío

de vídeo, ou Envío de audio e vídeo.
Para axustar o volume durante unha videochamada, use as

teclas de volume.
Para usar o altofalante, seleccione Opcións > Activar o

altofalante. Para silenciar o altofalante e usar o auricular,

seleccione Opcións > Activar teléfono.
Para trocar os lugares das imaxes, seleccione Opcións >

Cambiar as imaxes.
Para cambiar o tamaño da imaxe en pantalla, seleccione

Opcións > Zoom e desprácese arriba e abaixo.
Para rematar unha videochamada e facer unha chamada de

voz ao mesmo destinatario, seleccione Opcións > Cambiar

a chamada voz.