Realizar unha conferencia
1. Para facer unha chamada en conferencia, introduza o
número de teléfono dun participante e prema a tecla
Chamar.
2. Cando o participante responda, seleccione Opcións >
Nova chamada.
3. Despois de chamar a todos os participantes, seleccione
Opcións > Conferencia para fusionar as chamadas
nunha conferencia.
Para silenciar o micrófono do seu dispositivo durante a
chamada, seleccione Opcións > Silenciar.
Para excluír un participante da chamada en conferencia,
seleccione Opcións > Conferencia > Excluír
participante e o participante.
Para falar en privado cun participante da chamada en
conferencia, seleccione Opcións > Conferencia >
Privada e o participante.