Restrición de chamadas
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Restricións.
É posible restrinxir as chamadas que se poden facer ou recibir
dende o dispositivo (servizo de rede). Para cambiar os
axustes, necesita obter o contrasinal de restrición do seu
fornecedor de servizos. A restrición de chamadas afecta a
todos os tipos de chamadas.
Para restrinxir chamadas, seleccione entre as seguintes
opcións:
● Chamadas saíntes — Para evitar facer chamadas de voz
dende o dispositivo.
● Chamadas entrantes — Para evitar as chamadas
entrantes.
● Chamadas internacionais — Para evitar chamar a países
estranxeiros.
● Chamadas entrantes en itinerancia — Para evitar as
chamadas entrantes cando se atope fóra do seu país.
● Chamadas internacionais, agás ao país propio — Con
esta opción evitará as chamadas a países estranxeiros
mais poderá facer chamadas ao seu país.
Para comprobar o estado de restrición das chamadas de voz,
seleccione a opción de restrición e Opcións > Comprobar
estado.
Para desactivar todas as restricións de chamadas de voz,
seleccione unha opción de restrición e Opcións >
Desactivar todas restric..
Para cambiar o contrasinal empregado para a restrición de
chamadas de voz e fax, seleccione Opcións > Editar
contras. restric.. Introduza o código actual e despois escriba
o novo código dúas veces. O contrasinal de restrición debe
ter catro díxitos. Para máis información, contacte co seu
fornecedor de servizos.