Nokia 6720 classic - Desvío de chamadas

background image

Desvío de chamadas

Seleccione

>

Axustes > Axustes e Teléfono >

Desvíos.
A función serve para desviar chamadas entrantes á súa caixa

de correo de voz ou a outro número de teléfono. Para obter

máis información, póñase en contacto co fornecedor de

servizos.
Seleccione o tipo de chamadas que quere desviar e unha das

opcións seguintes:
Todas chamadas voz ou Todas chamadas fax — Desviar

todas as chamadas entrantes de voz ou de fax. Non pode

responder ás chamadas, só desvialas a outro número.

Se está ocupado — Desviar chamadas entrantes se ten

unha chamada activa.

Se non responde — Desviar chamadas entrantes cando

o dispositivo soa durante un tempo determinado.

Seleccionar o tempo que debe soar o dispositivo antes de

desviar a chamada.

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

25

background image

Funcións de chamada

Se fóra de cobertura — Desviar chamadas cando o

dispositivo está apagado ou non ten cobertura.

Se non está dispoñible — Desviar chamadas cando ten

unha chamada activa, cando non responde á chamada ou

cando o dispositivo está apagado ou non ten cobertura.

Para desviar chamadas á caixa do correo de voz, seleccione

un tipo de chamada, unha opción de restrición e Opcións >

Activar > Á caixa de correo de voz.
Para desviar chamadas a outro número de teléfono,

seleccione un tipo de chamada, unha opción de restrición e

Opcións > Activar > A outro número. Introduza o número

ou seleccione Buscar para utilizar o número gardado nos

Contactos.
Para comprobar o estado de desvío actual, desprácese á

opción de desvío e seleccione Opcións > Comprobar

estado.
Para desactivar o desvío de chamadas, desprácese á opción

de desvío e seleccione Opcións > Desactivar.