Axustes de chamada
Axustes de chamada
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Chamadas.
Seleccione entre as seguintes opcións:
● Envío do número propio — Amosar o seu número de
teléfono á persoa á que está chamando.
● Chamada en espera — Axusta o dispositivo para que o
informe das chamadas entrantes no transcurso doutra
chamada (servizo de rede).
● Rexeitar chamada mens. — Rexeitar unha chamada e
enviar unha mensaxe de texto ao interlocutor.
● Texto da mensaxe — Escriba a mensaxe de texto
estándar que se enviará cando rexeite unha chamada.
● Vídeo propio á cham. ent. — Permitir ou impedir o envío
de vídeo no trasncurso dunha videochamada desde o seu
dispositivo.
● Imaxe en videochamada — Amosar unha imaxe fixa se
non se envía vídeo durante unha videochamada.
● Rechamada automática — Configurar o seu dispositivo
para realizar un máximo de 10 intentos de conectar a
chamada despois dun intento de chamada sen éxito. Para
deter a rechamada automática, prema a tecla fin.
● Amosar duración cham. — Amosar a duración da
chamada no seu transcurso.
● Resumo tras chamada — Amosar a duración da
chamada ao final da mesme.
● Marcación rápida — Activar a marcación rápida.
● Calquera tecla responde — Activar a resposta con
calquera tecla.
● Cancelación de ruído — Permite activar a cancelación de
ruído do auricular.
● Busca de contactos — Permite activar a procura de
contactos na pantalla de inicio.