Nokia 6720 classic - Tons de chamada, imaxes e texto de chamadas para contactos

background image

Tons de chamada, imaxes e texto de

chamadas para contactos

É posible definir un ton de chamada para un grupo ou

contacto e unha imaxe ou un texto de chamada para un

contacto. Cando o contacto lle chame, o dispositivo

reproducirá o ton de chamada seleccionado e amosará a

imaxe ou texto de chamada (de enviarse xunto coa chamada

o número de teléfono da persoa que chama e de que o

dispositivo o recoñeza).
Para definir un ton de chamada para un contacto ou un grupo

de contactos, seleccione o contacto ou o grupo de contactos,

a continuación Opcións > Ton de chamada, e un ton de

chamada.
Para definir un texto de chamada para un contacto,

seleccione o contacto e Opcións > Engadir texto

chamada. Insira o texto de chamada e seleccione Aceptar.
Para engadir unha imaxe a un contacto gardado na memoria

do dispositivo, seleccione o contacto, Opcións > Engadir

imaxe e unha imaxe de Galería.
Para eliminar o ton de chamada, seleccione Ton

predeterminado da lista de tons de chamada.
Para ver, cambiar ou eliminar a imaxe dun contacto,

seleccione o contacto, Opcións > Imaxe e a opción

desexada.