Nokia 6720 classic - Verbo da rede privada virtual

background image

Verbo da rede privada virtual

Seleccione

>

Axustes > Axustes > Conexión >

VPN.
A rede privada virtual móbil de Nokia (VPN) crea unha

conexión segura á intranet e servizos colectivos compatibles,

coma o correo. O seu dispositivo conéctase dende unha rede

móbil, a través da internet, a unha pasarela VPN corporativa

que actúa como porta á rede corporativa compatible. O

cliente VPN utiliza tecnoloxía IP Security (IPSec). IPSec é unha

estrutura de estándares abertos que serve de soporte para o

intercambio seguro de datos sobre redes IP.
As políticas VPN definen o método empregado polo cliente

VPN e unha pasarela VPN para autenticarse entre eles, e os

algoritmos de cifrado que usan para axudar a protexer a

confidencialidade dos datos.
Para instalar e configurar o cliente VPN, os certificados e as

políticas, póñase en contacto co departamento de

informática da súa empresa. Despois de instalar unha

política, créase automaticamente un método de conexión

VPN no destino de rede Intranet.
Para ver as súas instalacións de políticas VPN, as

actualizacións e sincronizacións e outras conexións VPN,

seleccione VPN > Rexistro de VPN.

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

83