Transferir contido
Para extraer datos do seu outro dispositivo por primeira vez:
1. Seleccione o tipo de conexión que quere utilizar para
transferir os datos. Os dous dispositivos deben admitir o
tipo de conexión seleccionado.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
77
Conectividade
2. Seleccione o dispositivo desde o que quere transferir
contidos. O teléfono solicitaralle que insira un código no
teléfono. Introduza un código (1 a 16 díxitos) e seleccione
Aceptar. Introduza o mesmo código no outro dispositivo
e seleccione Aceptar. Deste xeito, os dispositivos quedan
vinculados.
Nalgúns modelos, a aplicación Cambio envíase ao outro
dispositivo en forma de mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a mensaxe
e siga as instrucións.
3. Dende o seu dispositivo, seleccione o contido que desexe
transferir dende o outro dispositivo.
O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo
á posición correspondente no teléfono.
O tempo de transferencia depende da cantidade de datos que
se quere transferir. Pode cancelar a transferencia e continuar
despois.
A sincronización realízase nos dous sentidos e os datos nos
dous dispositivos son os mesmos. Se un elemento se borra
nun dos dispositivos, tamén se borra no outro durante a
sincronización. Non se poden restablecer elementos
borrados mediante unha sincronización.
Para ver o rexistro da última transferencia, seleccione un
atallo na vista principal e Opcións > Ver rexistro.