Sincronización
Seleccione
>
Axustes > Conectivid. > Sincro..
Sincronización permite sincronizar as súas notas, entradas da
axenda, mensaxes de texto e multimedia, favoritos do
navegador ou contactos con varias aplicacións compatibles
dun ordenador compatible ou da Internet.
É posible recibir os axustes de sincronización nunha mensaxe
especial do fornecedor de servizos.
Un perfil de sincronización contén os axustes necesarios para
levar a cabo a sincronización.
Ao abrir a aplicación, amósase o perfil de sincronización
predeterminado ou o utilizado anteriormente. Para
modificar o perfil, desprácese ata un elemento de
sincronización e seleccione Marcar para incluílo no perfil ou
Desmarcar omitilo.
Para administrar os perfís de sincronización, seleccione
Opcións e a opción desexada.
Para sincronizar datos, seleccione Opcións > Sincronizar.
Para cancelar a sincronización antes de que remate,
seleccione Cancelar.