Cable de datos
Para evitar danar a tarxeta de memoria ou corromper os
datos, non desconecte o cable USB durante a transferencia de
datos.
Transfira datos entre o dispositivo e un
ordenador.
1. Insira unha tarxeta de memoria no seu dispositivo e
conecte o dispositivo a un ordenador compatible
mediante o cable USB. Conecte sempre primeiro o cable
de datos ao dispositivo e, a continuación, ao outro
dispositivo ou ordenador.
2. Cando o dispositivo lle pregunte qué modo utilizar,
seleccione Almacenaxe masiva. Neste modo, poderá ver
o seu dispositivo como un disco duro extraíble no seu
ordenador.
3. Transfira datos entre o ordenador e o seu dispositivo.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
81
Conectividade
4. Finalice a conexión dende o ordenador (por exemplo,
dende o asistente Quitar hardware de forma segura de
Windows) para evitar danar a tarxeta de memoria.
Para transferir imaxes dende o teléfono a un ordenador, ou
para imprimir as imaxes almacenadas no teléfono mediante
unha impresora, conecte o cable USB ao ordenador ou
impresora, e seleccione Transferencia imaxes.
>
Axustes > Conectivid. > USB.
Para modificar os axustes do modo USB, seleccione
Para cambiar o modo USB que normalmente emprega co
cable de datos USB, seleccione Modo de conexión USB.
Para que o dispositivo lle pregunte qué modo utilizar cada
vez que conecte un cable USB ao dispositivo, seleccione
Pregunt. ao conectar > Si.
Para usar Nokia Ovi Suite co seu dispositivo, instale ese
software no seu ordenador, conecte un cable USB, e
seleccione PC Suite.