Vincular dispositivos
Seleccione
>
Axustes > Conectivid. > Bluetooth.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio código (1-16 díxitos) e
acorde utilizar o mesmo código co usuario do outro
dispositivo. Os dispositivos sen interface de usuario teñen un
código fixo. Só precisa o código ao conectar os dispositivos
por primeira vez. Despois da vinculación pódese autorizar a
conexión. A vinculación e autorización da conexión fan que
esta sexa máis rápida e sinxela, xa que non terá que aceptar
a conexión entre dispositivos vinculados cada vez que
estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter 16 díxitos.
No modo de SIM remota é posible utilizar a tarxeta SIM do seu
dispositivo con accesorios compatibles.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá
utilizar un accesorio conectado compatible, como un kit de
automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada,
excepto aos números de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo
SIM remoto. Se se bloqueou o dispositivo, primeiro insira o
código de bloqueo para desbloquealo.
1. Seleccione Opcións > Novo disposit. vinculado. O
dispositivo comeza a buscar dispositivos Bluetooth ao
alcance. Se enviou datos usando Bluetooth
anteriormente, amosarase unha lista cos resultados das
buscas anteriores. Para buscar máis dispositivos
Bluetooth, seleccione Máis dispositivos.
2. Seleccione o dispositivo co que desexa establecer a
vinculación e insira o código. Cómpre introducir o mesmo
código tamén no outro dispositivo.
3. Para establecer a conexión entre o seu dispositivo e o
outro dispositivo automaticamente, seleccione Si. Para
confirmar a conexión manualmente cada vez que se tente
establecer unha conexión, seleccione Non. Despois da
vinculación, o dispositivo memorizarase na páxina de
dispositivos vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo vinculado, seleccione
Opcións > Asignar nome curto. O alcume visualízase no
dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o dispositivo do que
quere borrar a vinculación e Opcións > Borrar. Para borrar
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
80
todas as vinculacións, seleccione Opcións > Borrar todos.
Se cancela a vinculación cun dispositivo co que está
actualmente conectado, a vinculación eliminarase
inmediatamente e a conexión rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado se conecte
automaticamente ao seu dispositivo, seleccione Fixar como
autorizado. As conexións entre o seu dispositivo e outros
dispositivos pódense facer sen o seu coñecemento. Non é
necesaria unha aceptación ou autorización por separado. Use
este estado só para os seus propios dispositivos, como o seu
auricular ou ordenador compatibles, ou para dispositivos que
pertenzan a persoas da súa confianza. Se desexa aceptar
peticións de conexión do outro dispositivo individualmente
cada vez, seleccione Fixar non autorizado.
Para empregar un accesorio de son Bluetooth como un mans
libres ou un auricular Bluetooth, terá que vincular o seu
dispositivo co accesorio. Para información verbo do código e
máis instrucións, consulte a guía de usuario de accesorios.
Para conectar cun accesorio de son, conecte o accesorio.
Algúns accesorios de son conéctanse automaticamente ao
seu dispositivo. Do contrario, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e Opcións > Conec. con
dispos. audio.