Nokia 6720 classic - Enviar e recibir datos con Bluetooth

background image

Enviar e recibir datos con Bluetooth

Seleccione

>

Axustes > Conectivid. > Bluetooth.

1. Cando activa a conexión Bluetooth por primeira vez,

solicítaselle que defina un nome para o seu dispositivo.

Póñalle un nome único ao dispositivo para que sexa

doado recoñecelo se hai varios dispositivos Bluetooth.

2. Seleccione Bluetooth > Activado.

3. Seleccione Visibilid. do meu teléfono > Amosado a

todos ou Definir período. Se selecciona Definir

período, terá que definir o tempo durante o cal o seu

dispositivo é visible para outros. O seu dispositivo e o

nome que lle puxo poden ser vistos agora por outros

usuarios que posúan dispositivos equipados con

tecnoloxía Bluetooth.

4. Abra a aplicación onde se garda o elemento que desexa

enviar.

5. Seleccione un elemento e Opcións > Enviar > Por

Bluetooth. O dispositivo busca dentro do seu alcance

outros dispositivos Bluetooth e lístaos.

Suxestión: Se enviou datos usando Bluetooth

anteriormente, amosarase unha lista cos

resultados das buscas anteriores. Para buscar máis

dispositivos Bluetooth, seleccione Máis

dispositivos.

6. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar. Se o

outro dispositivo realiza unha petición de vinculación

para poder transferir os datos, pediráselle que insira un

código.

Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe

Enviando datos.
O cartafol Enviados da aplicación Mensaxería non almacena

mensaxes enviados por medio de Bluetooth.
Para recibir datos usando a conectividade Bluetooth,

seleccione Bluetooth > Activado e Visibilid. do meu

teléfono > Amosado a todos para recibir datos dun

dispositivo non vinculado ou Oculto para recibir datos só

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

79

background image

Conectividade

dende un dispositivo vinculado. Cando recibe datos por

Bluetooth, dependendo dos axustes dun perfil activo,

escóitase un son e pregúntaselle se quere aceptar a mensaxe

na que se inclúen os datos. Se acepta, a mensaxe gardarase

no cartafol da Caixa de entrada da aplicación Mensaxería.

Suxestión: Pode acceder aos ficheiros gardados no

dispositivo ou na tarxeta de memoria utilizando un

accesorio compatible co servizo File Transfer Profile

Client (por exemplo, un ordenador portátil).

A conexión Bluetooth remata automaticamente despois do

envío ou recepción de datos. Só Nokia Ovi Suite e algúns

accesorios, como por exemplo auriculares, poden manter

unha conexión aínda que non se estean a utilizar.